UNIverso - UVigo XR Hub
Metaverso Institucional

UNIverso UVigo

O xemelgo dixital do campus para a interacción social, eventos académicos e a docencia inmersiva.

Sobre o proxecto

Un ecosistema dixital persistente que transcende as barreiras físicas do campus. UNIverso permite a interacción sincrónica masiva, habilitando desde titorías virtuais personalizadas ata grandes eventos académicos en auditorios dixitais. Unha ferramenta clave para a internacionalización e a accesibilidade universal da UVigo.

O Desafío Técnico

O principal reto foi conseguir unha experiencia fluída e accesible desde diferentes dispositivos (lentes VR autónomas e PC) mantendo unha alta fidelidade visual na recreación dos espazos icónicos da UVigo, optimizando a carga de polígonos e a xestión de redes para decenas de usuarios simultáneos.

Galería e Demostración