Cargando...
E-Health & Neurociencia

HealthyFit

Terapias dixitais non invasivas que combinan o exercicio físico de alta intensidade coa estimulación cognitiva en contornas inmersivas.

Rehabilitación baseada na evidencia

HealthyFit é a resposta do grupo de investigación da UVigo ao desafío do envellecemento activo e as enfermidades neurodexenerativas. A diferenza da rehabilitación tradicional, repetitiva e a miúdo desmotivadora, a nosa solución utiliza a Realidade Virtual inmersiva (VR) para "enganar" ao cerebro, logrando que pacientes con mobilidade reducida realicen exercicio físico terapéutico sen percibir a fatiga ou a dor habitual.

Innovación Clínica: O poder da Neuroplasticidade

O sistema baséase na dobre tarefa (*dual-tasking*): mentres o paciente realiza movementos de boxeo adaptado, debe resolver retos cognitivos no mundo virtual. Esta combinación demostrou clinicamente:

  • psychology
    Maior Adherencia: A gamificación converte a terapia nunha experiencia lúdica, aumentando a participación do paciente nun 200% fronte á terapia convencional.
  • monitor_heart
    Biofeedback en Tempo Real: A experiencia pódese adaptar en todo momento ao esforzo e mobilidade do paciente.
  • accessibility
    Transferencia á Vida Diaria: Os movementos adestrados en VR melloran o equilibrio e a marcha no mundo real.

Galería e Demostración